Contará cunha decena de traballos procedentes de universidades de Canadá, de Portugal e de España

Rematado o prazo de preinscrición, o 15 de setembro, o Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo de Catoira conta xa con máis de 200 asistentes confirmados, cifra que polas edicións precedentes debería elevarse finalmente a uns 300.Entre os rexistrados no Congreso figuran 14 nacionalidades de catro continentes: Polonia, Finlandia, Suecia, Noruega, Francia, Inglaterra, Italia, Portugal, Dinamarca, Rumanía e España, Singapur, Canadá, e Sudáfrica.

O anuncio da presenza de Miguel García, adestrador de Saúl Craviotto e de Cristian Toro, eleva a participación olímpica en Catoira, con técnicos conferenciantes de seleccións nacionais que suman oito medallas nos Xogos de Río.

 

Traballos desde Canadá

Entre os atractivos do Congreso aparece tamén o visto bo do comité científico da sexta edición a dez traballos de universidades de Canadá, de Portugal, de Valencia, de Sevilla, de Barcelona, da UCAM de Murcia, da Coruña e dúas de Vigo. Os interesados pódense inscribir inda na web do congreso.

Organizan

Río 2016

Patrocinan

NELO España

Contacta con Nosotros

Paseo Marítimo S/N
36612 Catoira(Pontevedra)

Tfn: 686 92 99 30
Email: info @ congresocatoira.es
Web: www.congresocatoira.es

Contacto Instantáneo