O VI Congreso Internacional de Adestradores de Piragüismo en Augas Tranquilas, que a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte promove xunto coa Federación Española e o club As Torres, logrou superar as 200 inscricións, de técnicos e deportistas procedentes de 17 países, motivo polo que desde o comité organizador, que preside o profesor Manuel Isorna, calculan que a cifra final de participantes no evento que terá lugar entre os días 14 e 16 de outubro na localidade pontevedresa de Catoira, roldará as 300 persoas.

Entre elas, o seleccionador nacional de piragüismo Miguel García, que vén de conformar a súa asistencia, elevando á oito as medallas olímpicas logradas nos Xogos de Río que estarán “presentes” neste evento. Non en van, ás dúas medallas logradas polos seus pupilos Saúl Craviotto e Cristian Toro hai que sumar as tres do seleccionador húngaro András Faludy, que ofrecerá neste congreso un relatorio sobre deporte base; e os dous metais acadados por Lisa Carrington, cuxo adestrador, Gordon Walker, departirá na xornada do sábado sobre piragüismo feminino. A estas cómpre sumar a medalla lograda polo equipo alemán, representado en Catoira polo deportiva Max Hoff, que na xornada do domingo falará sobre adaptación e progresos en velocidade.

 

Dez comunicacións de oito países

Por outra banda, segundo informa a organización, o comité científico deste congreso deu o seu visto bo á dez comunicacións, procedentes de universidades de Canadá e Portugal e de diferentes puntos de España, incluída a propia Universidade de Vigo, da que parten dúas das comunicacións, que os seus autores presentarán neste congreso bianual que na súa sexta edición incorpora como novidade ao seu programa un taller de educación nutricional.

Entre aqueles e aquelas que xa confirmaron a súa asistencia, figuran deportistas de catorce países, como Polonia, Finlandia, Suecia, Noruega, Francia, Inglaterra, Singapur, Alemaña, Canadá, Colombia, Sudáfrica, Italia, Portugal, Dinamarca ou Romanía, país que estará representado por primeira vez nun congreso que cada ano amplía o seu carácter internacional.

Organizan

Río 2016

Patrocinan

NELO España

Contacta con Nosotros

Paseo Marítimo S/N
36612 Catoira(Pontevedra)

Tfn: 686 92 99 30
Email: info @ congresocatoira.es
Web: www.congresocatoira.es

Contacto Instantáneo